| O día 12 de novembro de 1999,
en Salvaterra do Miño, na tardiña, había
graves problemas para aparcar os carros dos que viñamos
de lonxe. Algo inusual na vila. Regueiros de persoas se achegaban,
uns de máis perto, outros máis lonxanos, a ollar
o pai Miño con Portugal na fronte.
Indiredo.
Noticias de Redondela.
Novembro 1999
O motivo da viaxe era asistir ao festival que,
organizado polo colectivo de Amigos de Suso Vaamonde e a S.C.D.
Condado, ía ter lugar ás 9 da noite como homenaxe
ao cantautor que tantos bos momentos e actuacións agasallou
ás xentes do Baixo Miño e Condado.
De Allariz-Maceda, Os Ancares, Arzúa,
Barbanza, Baixa Limia, O Baixo Miño, A Barcala, Bergantiños,
Betanzos, Caldas, O Carballiño, Chantada, O Condado, A
Coruña, Deza, Eume, Ferrol, Fisterra, A Fonsagrada, A Limia,
Lugo, A Mariña Central, A Mariña Occidental, A Mariña
Oriental, Meira, O Morrazo, Muros, Noia, Ordes, Ortegal, Ourense,
A Paradanta, Pontevedra, Quiroga, O Ribeiro, O Salnés,
Santiago, O Sar, Sarria, Tabeirós-Terra de Montes, Terra
Chá, Terra de Caldelas, Terra de Celanova, Terra de Lemos,
Terra de Melide, Terra de Soneira, Terra de Trives, A Ulloa, Valdeorras,
Verín, Viana, Vigo, Xallas... das comarcas todas que foron
trobadas polo bardo, fóronse achegando a Salvaterra para
poder estar e conversar co músico e poeta.
O Pavillón Municipal foise enchendo a
toa e houbo tempo denantes de comezar as actuacións de
conversarmos e mesturarmos xentes coñecidas e descoñecidas
que viñamos por unha causa común. Alí estaban
os da Quenlla, Tino Vaz, Muxicas, María Manuela, As cantareiras
do Berbés, Treixadura, Uxía, Na Lúa, os da
Virxen da Renda, Luar na Lubre, Sarabanda, A Roda, a Coral Lacedorium,
Anamoura, Folia, Emilio Cao, Pilocha, Saraibas; poetas, escritores,
humoristas, familiares. Estabamos tamén Marilín,
Victoria, Bastian, Rañón, Lois... ducias de centos
de persoas máis, e, por suposto, Suso Vaamonde, a quen
todos queriamos saudar.
Os que disfrutamos daquela noite inesquecible
asombramos cando eran as 5 da madrugada do día seguinte
e tivemos que retomar o camiño de volta. |
Indiredo.
Noticias de Redondela.
17 de Fevreiro de 2001
A rúa que vai desde o río
Miño até o mercado rodeando a fortaleza de Salvaterra
foi o lugar elixido para descubrir a placa que leva o seu nome.
Traducción ao noso idioma da información
que facilitaron os xornais:
"Salvaterra celebrou onte un emotivo homenaxe
ao cantautor Suso Vaamonde no primeiro cabodano da súa
morte. Acompañando aos familiares, asistiron moitos amigos
do homenaxeado, membros da Sociedade Cultural e Deportiva do Condado,
promotores da iniciativa, e diversos representantes da corporación.
O Alcalde deu lectura ao acordo da corporación
polo que se daba á citada rúa o nome do cantautor,
e entregou sendas copias do acordo plenario á súa
nai e á súa viúva, quenes foron as encargadas
de descubrir a placa..
Tomou logo a palabra Manuel Soto, membro da S.C.D.
O Condado, quen meteu a Suso na nómina dos bos e xenerosos,
destacando o seu traballo a prol da língua galega e facendo
fincapé na recuperación das cancións infantís
tradicionais.
En nome da familia falou Senén Vaamonde,
para agradecer que sexa precisamente Salvaterra a primeira localidade
de toda Galiza que deidique unha rúa a Suso Vaamonde". |