Sociedade Cultural e Desportiva do Condado
Estaçom e ano Verao 2008
|
Correio Electrónico E-mail
|
Voltar à página principal Principal
30 anos em galego
SCD CONDADO
:: Quem somos
:: XXII Festival
:: História
:: Arquivo Gráfico
:: Livros editados
:: Notícias
:: Contacto
:: Textos
Comunicado de apoio da Plataforma Nunca Máis
“Verbas para non esquecer, Non á guerra e Nunca Máis”
A Plataforma Nunca Máis apoia o
XVII Festival da Poesia de Salvaterra do Miño
A Plataforma Nunca Máis quere saudar a XVII edición do Festival da Poesía, que nesta edición terá como protagonistas os berros de Nunca Máis e Non á guerra. O festival, con unha longa tradición, terá exposicións sobre o Prestige, proxectaran-se audiovisuais, música e un recital poético no que participarán Carlos Blanco, Manuel Rivas e Miguel Anxo Fernanvello, entre outros.

A Plataforma Nunca Máis quere saudar a XVII edición do Festival da Poesía en Salvaterra do Miño, do 3 ao 6 de setembro, que neste edición terá como protagonistas os berros de Nunca Máis e Non á guerra, baixo o lema “ verbas para non esquecer”, polo que é unha mostra máis de que continúa a plena vixéncia deste berro, da resposta social que o acompañou, e actos como este son unha mostra máis de que a dignidade galega e a resisténcia continúan presentes.

Do 3 ao 6 de Setembro Salvaterra do Miño terá moitas actividades na que o Nunca Máis estará presente; desde a exposición do Coléxio Profesional de Xornalistas Galegos sobre a catástrofe do Prestige, proxectarán-se audiovisuais galegos sobre este tema; e tamén concertos e un festival poético-musical apresentado por Carlos Blanco, no que participarán Manuel Rivas, Marcos Abalde, Samuel Solleiro, Roi Vidal, Salvador Calderón, Daniel Salgado, Eugenio Outeiro, Kiko Neves, Estevo Creus, Brais González, Asun Arias, Fátima Peón, Margarita Ledo, Miguel Anxo Fernanvello, Jon Etxeandia, Ana Silvia Faria e José C. Lima.
 

Voltar a Textos

XXII Festival da Poesia no Condado



 SCD CONDADO - 2008