Sociedade Cultural e Desportiva do Condado
Correio Electrónico E-mail
|
Voltar à página principal Principal
30 anos em galego
SCD CONDADO
:: Quem somos
:: XXIII Festival
:: História
:: Arquivo Gráfico
:: Livros editados
:: Notícias
:: Contacto
:: Textos
Prólogos aos livros editados nas sucessivas ediçons do Festival da Poesia
Ir a textos
margarita ledo andión
VIII Festival da Poesia, 1988
Pasarse da raia

Eu quixera que a Festa da Poesía fora xa un símbolo tal e como se ían conformando os símbolos: con vencello afectivo, no mesmo siñificado histórico-concreto, soerguendo acción e degoiro, como é degoiro e mais acción a solidaridade creativa. Símbolo noso, a Festa da Poesía, a traveso do que aunamos a identidade de experiencia e concencia. Libertade que sentimos hoxe aquí, libertade que construímos ó agarrar o idearium fragmentado da independencia para o socialismo. Na memoria, o que tanto contribuiu á definición do noso pobo na historia, a expresión do desexo. Querérmonos galegos e raianos. Porque nós podemos pasarnos da raia sen ter que trocar de referencias nin arrincar a língoa. Porque nós podemos intercambiar desexo con pasión. Porque compartimos segredos vellos –vella mitoloxía celta e desxerárquica, ineficaz nas batallas- ednde a Xeración das Irmandades, con Quintanilla alertando contra da solución de deixarlle ós ingleses anacos de territorio de Eire, e vengamos o asesiñato de militantes do IRA ó esforzarnos por seguir vivos de nación.

Porque este texto que escrebo agora quereríao mais esplendoroso e reló swatch -última hora- pero retorna semprea tactilidade terreal que me conmove. Ou ises simulacros teatrais do que é mostra maior aquel remolque mariño cheo de autoridades e de reporteiros que se achega ó Casón porque “todo está ben controlado” e o barco estoura en lambetadas de lume e ogallá que a impostura edses gobernantees fora xa salitre.

Porque ó facer este proemio seime enteira e podo decidir xunto con vós manterme nesta cita anual co meu desexo. Que, ó fin, é tamén o grafitti de urxencia que todos prolongamos pasándonos da raia.

A Festa continúa.
 

Voltar a Limiares

XXIII Festival da Poesia no Condado



 SCD CONDADO - 2010