Sociedade Cultural e Desportiva do Condado
Correio Electrónico E-mail
|
Voltar à página principal Principal
30 anos em galego
SCD CONDADO
:: Quem somos
:: XXIII Festival
:: História
:: Arquivo Gráfico
:: Livros editados
:: Notícias
:: Contacto
:: Textos
Prólogos aos livros editados nas sucessivas ediçons do Festival da Poesia
Ir a textos
X. A. Suárez.
VI Festival da Poesia, 1986
Os heróis desempeñan sempre
un cativo papel nas grandes fazañas
J. R. R. Tolkien. “O Señor dos Aneis”

E conta Tolkien que, despois de conseguir fuxir, con ben, dos nove Xenetes Negros, Froido Bolsón estivo en Rivendel, na casa de Elrond, a beira do Bruinen, e alí conformaron a Compañía que, composta por xentes moi diferentes entre sí, conseguira derrotar ao Reino das Tebras.

E como aquí non hai elfos que gobernen os ríos, o miño segue a baixar cun anguriante mermurio de aldraxado irredento e, a sua esnaquizada ribeira, tenta acadar o alimento dunha esperanza seica albiscada ao carón da muralla afortalada do Castelo de Salvaterra: quizais, ao igoal que na casa de Elrond, estéxanse esquencendo vellas liortas e unha outra Compañía asuma a misión de incrustar a raxeira onde agora só existe a escuridade.

E é que non hai arma máis razoábel e incruentamente poderosa que un libro. Non hai arma máis solidária que a colectividade escrebindo obxetivamente a súa propia história. E non hai história máis obxetiva que aquela que se escrebe –vivéncia- en liberdade.

Quero dicer con esto que a poética deste libro, a poética dos denanteriores libros, así, conxuntamente, é unha confluencia dos distintos camiños que levan a un mesmo destino; tentaba dicer con esto que é posíbel avanzar na história co senso racional de que o agora, escomenza, a se relatar (e a agromar consecuéncias), un minuta máis tarde. Do agora deste libro, do agora do convívio nas duas datas do Festival, pódese facer unha leitura única. Logo, pois, non é imposibel. E si cadaquén vai e síntese perfectamente lexitimado para a rtellar a Historia ao marxen dos demáis, sen se decatar que o resultado do conxunto é a mesma paisaxe que agora, dende as murallas do castelo, ofrece ese túmulo silandeiro que xa está a ser o nado na Fontmiña, o qie representa este libro sería, dramáticamente, a excepción que confirma a regra.

Na primavera na que a labanza en frol escomence a arumear no mundo da Fisterra, os ananos de Celso Emilio escomenzarán a ser mitoloxía.
 

Voltar a Limiares

XXIII Festival da Poesia no Condado



 SCD CONDADO - 2010