Cando as abstraccións andan de
saldo son bós tempos para a lírica, ou asi
se ten demostrado con impertinencia cíclica. Pero
tal non parece a razon de que un ano após doutro
a Festa da Poesia do Condado acreza so seus azos e mova
os seus marcos cara diante. Hai paises nos que poida que
os nomes dos poetas pasen sen que o seu recordo se reserve
o direito de altera-lo tempo e, con todo, a poesia sexa
un feito popular. No imaxinario colectivo faltará
–falta- a integracion da criacion literaria como expresión
de cultura pero a poesia conserva o direito a ser identificada
e querida como miragre e a vivir como lumbrigar que ten
gañado o seu acordo entre dia e noite. Hai sitios
nos que a poesia se convertiu no único compromiso
posible entre a realidade e a utopia e por moi ruin que
veña o tempo sempre e tempo de dicir independencia,
nós, terra ceibe, amor, lecer, libertade, humor e
fora os lixos do imperio do Miño, que é o
noso. E o privilexio da poesia, así goberne a lírica
ou a raposa gringa como ben vedes.
|