Sociedade Cultural e Desportiva do Condado
Estaçom e ano Verao 2008
|
Correio Electrónico E-mail
|
Voltar à página principal Principal
30 anos em galego
SCD CONDADO
:: Quem somos
:: XXII Festival
:: História
:: Arquivo Gráfico
:: Livros editados
:: Notícias
:: Contacto
:: Textos
Prólogos aos livros editados nas sucessivas ediçons do Festival da Poesia
Ir a textos
xosé ramón pena
II Festival da Poesia, 1982
E haberá-os porque máis que nunca estamos en tempo de versos

A poesía ten de medrar, ten de nacer tamén nas etapas máis esquivas, no lugar máis esgrévio, máis árduo. Senón for así, é que non é poesía, é que non é nada, porque o fundamental, o eterno, o que sempre fai que teimemos unha e outra vez, ten de estar na oposición, na loita.

Xamais alguen pense que os versos poden ser sinónimo de placidez, de tempo sen conflito. Os versos dislocan, esbaran rompen, rachan, proclaman, inventan, distenden, confunden, rebulen, estoupan, en fin, todo o mundo e todas as cousas. Xamais alguen pense que a poesía, que a arte, que os diceres humanos poden estar conformes. O verso non é lóxico, ou, mellor dito, ten a súa própia lóxica, libre, autónoma ou mellor autodeterminada para nos acomodar a unha linguaxe ao uso.

Aquel que queira ser poeta deixe os sucos, abandone as estradas e os transportes coñecidos e veña por estes novos mundos, grotescos e infinitamente doces; mundos de cabrinfollo e ríos, mundos de ferro e trevoada, mundos do verso que hoxe canta coa voz da area e da auga nas ribeiras do Miño.

Que os deuses tutelares da terra sexan fecundos e propícios e que nós, os mortais, entendamos, máis unha vez, a mensaxe que ven e é do alén, a mensaxe da poesía nesta festa, que se anúncia de flor, de luz e vento ceibo, na terra máis exacta do Condado.
 

Voltar a Limiares

XXII Festival da Poesia no Condado



 SCD CONDADO - 2008