Sociedade Cultural e Desportiva do Condado
Estaçom e ano Verao 2008
|
Correio Electrónico E-mail
|
Voltar à página principal Principal
30 anos em galego
SCD CONDADO
:: Quem somos
:: XXII Festival
:: História
:: Arquivo Gráfico
:: Livros editados
:: Notícias
:: Contacto
:: Textos
Prólogos aos livros editados nas sucessivas ediçons do Festival da Poesia
Ir a textos
suso de toro
XVIII Festival da Poesia, 2004
A liberdade vai en nós

A democracia non existe, é unha utopía a conquistar.

A liberdade non existe, é unha ansia dalgúns peitos afoutos e un soño da imaxinación.

E as liberdades non existen en ningures, hai papeis e leis que dan pé a que as creamos posibeis, únicamente.

O que si hai é persoas que queren ser libres.

E para que haxa persoas que se queren dignas, que se queren libres, é preciso que exista antes de nada a palabra sen medo. Na vida todo ten límite, e tamén as palabras pódeno ter, pois as palabras o mesmo que poden dar paz tamén poden alimentar o camiño da guerra e chamar por ela. Mais precisamos atrevernos a falar, a escribir, a dicir libremente. Pois precisamos ser dignos e libres.

O noso país, a Galiza, foi educado primeiro no medo e logo na sumisión e no descrimento, no cinismo. Precisa oírnos falar atrevéndonos a ser libres. Con naturalidade, sen lle pedir permiso a ninguén. O noso país precisa empezar a gañar a dignidade. E a dignidade empeza dentro de cada un cando nos atrevemos a botar fóra a palabra que nos nace verdadeira dentro.

E por iso é tan daniña a censura, non porque perxudique ao censurado, que tamén, senón porque lle rouba ás demais persoas a posibilidade de coñecer, de oír as palabras sen medo, as que nos liberan. E todos aprendemos a falar escoitando, e repetindo logo. E todos temos que oír primeiro libremente, para poder pensar e ser libres.

Voltar a Limiares

XXII Festival da Poesia no Condado



 SCD CONDADO - 2008