Sociedade Cultural e Desportiva do Condado
Estaçom e ano Verao 2008
|
Correio Electrónico E-mail
|
Voltar à página principal Principal
30 anos em galego
SCD CONDADO
:: Quem somos
:: XXII Festival
:: História
:: Arquivo Gráfico
:: Livros editados
:: Notícias
:: Contacto
:: Textos
Prólogos aos livros editados nas sucessivas ediçons do Festival da Poesia
Ir a textos
scd condado
I Festival da Poesia, 1981
A xeito de presentación

Na infinda noite da cultura xa escomezábamos a estar un pouco fartos de que cada vez que na trincheira alguén prendía un facho para romper as brétemas, o francotirador lle atinase entre os ollos con implacable puntería.

O Festival da Poesía tenta de ser o xérmolo do xunguimento, nunha nova perspectiva, no que o factor común seña a unidade solidaria diante da agresión cotián.

Que xa non importen os atrancos que de xeito institucionalizado se lle poñen ao noso avance cultural, que non importen as negativas dos prelos nin as críticas de bon salario, porque o de hoxe é un paso que mañán será a carreira que terá como meta o mencer.

Todos xuntos, unha frol. Todos xuntos, un pobo. Todos xuntos, unha fala.
 

Voltar a Limiares

XXII Festival da Poesia no Condado



 SCD CONDADO - 2008