 |
Esta ediçom
do Festival pretende difundir a necessária
consciência social para salvar os nossos rios.
Salvá-los da planificaçom destrutiva
das instituiçons e dos interesses das eléctricas,
defendê-los como património da humanidade
e valorizá-los como base da nossa riqueza natural,
da nossa vida e identidade.
Hoje, como sempre, a nossa intervençom popular
será decisiva para recuperar a vitalidade dos
rios e frear a proliferaçom de novas barragens.
O primeiro fim de semana de Setembro, a festa e a
reivindicaçom voltam a dar-se cita em Salvaterra
de Minho. |
 |
|
|
|
|
 |
 |
 |
| · Programa
do XIX Festival da Poesia
· Roteiro
polo Minho até a desembocadura do Tea
· Como
chegar a Salvaterra de Minho?
· Extracto
da iniciativa legislativa em defesa dos rios
· Limiar
do livro de poesia, por Manuel Soto Castiñeira
· Reportagem
sobre o Festival publicada em 'Galicia Hoxe' |
 |
 |
 |
PROGRAMA DO XIX FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO
do 1 ao 3 de setembro 2005. salvaterra
de minho.
 |
 |
Jornada do Audiovisual
Galego |
 |
| |
|
Galicia
Carlos Velo.
O monte é
noso
Llorenç Soler.
Mamasunción
Chano Piñeiro.
CCCV
(CineClube Carlos Varela)
Ramiro Ledo.
Curtas-metragens premiadas
no Festival de Cans (Porrinho)
- Minotauromaquia,
Pablo no Labirinto. Juan Pablo Etcheverry.
- Corten.
Mario Iglesias.
- Onde non o esperas.
Diego Méndez.
- Intensidade.
Mario Iglesias.
CASA DA CULTURA. 1 DE SETEMBRO
ÀS 21,00 HH. |
 |
 |
 |
Exposiçons permanentes |
 |
| |
|
Pintura
- Augusto Fontám.
- Grupo de Artistas Luso-Galegos: Albertino Eduardo
Ventura Pereira, Basilio Calzado Domínguez,
Concepción Cuadrado Amorín, Francisco
Viéitez, Graciela Teixeira da Mota, Javier
Iglesias, João Luis Marrocos Fernandes, Manuel
Cabaleiro López, Xosé Luis Otero Becerra,
Zacarías Castro.
Fotografia
- Afonso G. Sestelo. Visións do Miño.
- Asociación de Pescadores da Ulloa: Non aos
Encoros. Fotografías das Torrentes de Mácara.
- A resistência contra as barragens. Mostra
colectiva.
Escultura
- Serra. Talha em madeira.
COVAS DE DONA URRACA E CASA DO
CONDE
APERTURA: 1 DE SETEMBRO ÀS 19,30 HH.
3 DE SETEMBRO: A PARTIR DAS 12,30 |
 |
 |
 |
Mostras e artesanato |
 |
| |
|
Feira de material ambientalista sobre os rios
Participarám numerosos colectivos e entidades
de todo o país.
Exposiçons
de Artesanato
- Cesteiros
de Mondariz. Antonio Campelo e José Reboreda.
- Zapateiro
de Mondariz. Carlos Barros Fontán.
- Cabaqueiros
do Rosal.
12.30. Mostra de
artesanato ao vivo.
praça
do castelo e salas de exposiçom
3 de setembro, a partir das 11,00
|
 |
 |
 |
Noite do Brasil |
 |
| |
|
Trío Pagú, com Alex Liberallis
Aforo limitado.
Reservas: info@scdcondado.org
covas de dona urraca
2 de setembro |
 |
 |
 |
Conferências |
 |
| |
|
Daniel Vispo. Adega.
Xavier Simón. Plataforma
em Defesa do Minho.
3 DE SETEMBRO ÀS ÀS
13,15 HH. |
 |
 |
 |
Festa Infantil |
 |
| |
|
Aeromodelismo
Furaventos.
Ultraligeiros
Piraguismo
Arrepións.
Títeres
Tanxarina (Narigudos).
Contacontos
Paula Carballeira.
PARQUE DA CANUDA. 3 DE SETEMBRO
ÀS 17,00 HH.
O comboio de baixa velocidade sairá das Antas
às 11,00 hh.
percursos ao longo da manhá e da tarde por
salvaterra e monção |
 |
 |
 |
Festival Poético-Musical |
 |
| |
|
Passa-corredoiras
Murga Os seis do Condado
3 DE SETEMBRO ÀS 11,00
HH.
Assinatura de livros
Por parte de poestas participantes.
3 DE SETEMBRO, na casa do
conde ÀS 12,00 HH.
A PARTIR DAS 20,00 HH.
Apresenta: Quico
Cadaval
RECITAL POÉTICO
Antón Lopo,
Mário Herrero, María Comesaña,
Emma Couceiro, Alfonso Pexegueiro, Bernardino Graña,
Mª do Carmo Kruckenberg, Luz Pozo, José
Viale Moutinho (Portugal).
Poetas Convidados/as
José Luis Otamendi (Euskal
Herria), Íñigo Aranbarri (Euskal
Herria),
María Cabrera (Països
Catalans).
CONCERTO
:: Os Carunchos (Folc)
:: A Quenlla (Folc)
:: Miro Casabella (Folc)
:: A Matraca Perversa (Pachanga)
:: Nancy Vieira (Cabo Verde) |
 |
 |
 |
Como
chegar
·
Autoestrada A-9
Antes de chegar a Vigo,
desviamo-nos cara Porrinho / Ourense. Depois,
saímos para a A-52, em direcçom
a Ourense. Logo, colhemos o desvio cara Ponte
Areias e seguimos as indicaçons.
· Estrada
N-550
Imos na mesma estrada
até o Porrinho. Ali, seguimos em direcçom
a Tui e, nuns três quilómetros,
torzemos para o desvio Salzeda / Salvaterra.
· Autovia
A-52
Pouco depois do túnel
da Franqueira, tomar o desvio a Ponte Areias
e, na saída, virar à esquerda
cara Salvaterra.
· Autoestrada
A3-IP1
Sem saír do caminho
principal, seguir até o desvio a Salzeda
/ Salvaterra, poucos quilómetros depois
de passar a raia. |
|
 |
|
 |
 |
 |
iniciativa legislativa popular
Salvemos os rios
“Os ríos galegos caracterízanse
por unha elevada biodiversidade e porcentaxe de endemismos,
que lle outorgan un valor excepcional na actual situación
mundial de crise ecolóxica. Nos ríos
galegos viven perto de 400 especies endémicas
de invertebrados, e neles descobríronse perto
de 80 especies novas para a Ciencia.
As paisaxes de Galiza están
determinadas polos seus ríos.
A auga e os ríos tiveron desde
sempre un alto valor simbólico na Galiza [...].
Arredor dos usos tradicionais da auga xurdiron relacións
sociais e culturais integradoras, que permanecen na
forma de recursos histórico-culturais e etnográficos.
Mais os ríos atópanse
hoxe en perigo. A alteración física,
debida sobre todo ás presas hidroelétricas,
a perda e degradación dos hábitats,
a invasión das zonas de inundación por
todo tipo de construcións, a sobreexplotación,
a contaminación e a introducción de
especies non nativas, son os factores que máis
contribúen á diminución da súa
biodiversidade. Os mencionados recursos socioculturais
corren a mesma sorte que os ríos. As presas
hidroeléctricas fan que mais do 70% dos nosos
leitos fluviais sexan inaccesíbeis ás
especies migratorias [...].
O estado actual dos ríos galegos
alónxase moito do obxectivo de bon estado,
o que fai necesario un plan de acción para
correxir esta situación.”
Extraído
da
Iniciativa Legislativa Popular para a defesa dos rios
galegos. |
 |
 |
 |
LIMIAR DA ANTOLOGIA POÉTICA
DO xix FESTIVAL
Salvemos os rios
Manuel Soto Castiñeira
O industrialismo considera a auga
como un simples recurso produtivo e mostra un profundo
desprezo polos valores, funcións e servizos
ambientais ligados aos ecosistemas fluviais.
Explícase así o proceso
de degradación sen precedentes dos nosos ríos,
zonas ribeiriñas e humidais. O progresivo coñecimento
destes complexos ecosistemas permítenos hoxe
apreciar e valorar mellor os valiosos servizos que
xeran. A depuracion natural e autodepuración
nos ríos, o controle de cheias, a conservación
da biodiversidade, a recarga dos aqüíferos,
o mantenimento dos deltas e praias, etc, etc, funcións
todas elas relacionadas entre si co grau de naturalidade
dos ecosistemas acuáticos...
Tamén a profunda relación
entre ríos, territorio e sociedade foi sistematicamente
esquecida. Ignoráronse os direitos dos povos
que habitaron durante centenas ou millares de anos
en estreita relación cos ríos. Ignorouse
o direito das persoas a permaneceren no ámbito
territorial no que fundaron as raízes da súa
propia existencia. Velaí o sacrifício
en masa de patrimonios sociais e da natureza polos
encoros e outras instalacións hidroeléctricas,
a sistemática destrución de bosques
ribeiriños, o enxugo de zonas húmidas
e a xeneralizada contaminación das augas.
Fronte ao produtivismo compre unha
nova cultura da auga. Unha cultura que entenda os
ríos como corpos vivos complexos e dinámicos,
e non como simples colectores de auga. Que comprenda
que dispor de augas de calidade pasa por respeitar
e preservar a funcionalidade e a vida dos ecosistemas
que integran o ciclo natural da auga. Que recupere
o tradicional valor lúdico, estético
e simbólico das paisaxes da auga.
A conservación do recurso,
a eficiencia, a economía, a ordenación
do territorio, a participación colectiva...
son algumhas das chaves desa nova cultura da auga,
que ademais requere umha profunda reforma das institucións
encarregadas da súa xestión, a administración
das bacías na sua integridade xeográfica
e natural, o que requere a co-xestión hispanolusa
e luso-galaica, e a integración das augas subterráneas
e litorais (as rías galegas!) nesa xestión.
Mais, se o mercado pode axudar á mellora da
eficiencia, móstrase cego no que se refere
á xestión de valores ambientais, sociais,
éticos e de equidade interterritorial, o que
xustifica e dá relevo ao papel dunha administración
reformada. Tudo isto exixe certamente umha mudanza
cultural, non só na Administración,
mais no conxunto da sociedade.
A nova cultura lévanos a um
aprofundamento no conceito de sustentabilidade, que
preveña os graves impactos sobre as comunidades
locais, incluidos aqueles de tipo ético, cultural
e psicolóxico, e incorpore os valores e patrimonios
socioculturais e de ética interxeracional.
A necesidade dunha sustentabilidade ecosocial móstranos
como o problema da auga é ante todo un problema
cultural, e non meramente produtivo e de eficiencia
técnica.
De acordo con Javier Martínez
Gil, a auga é ela mesma, máis todo o
que nela vive, o que dela depende, todo canto simboliza
e representa a súa presencia, e todo aquelo
que con ela pode ser criado e potenciado. A auga é
símbolo de dúas das máis elevadas
construcións do pensamento humanao: a pureza
e a fertilidade. Á auga atribúenselle
desde antigo poderes curativos, ten un alto poder
simbólico na cultura xudeu-cristiana, foi elemento
de benestar e pracer na Roma clásica, é
símbolo de purificación e de hospitalidade
na cultura islámica.
(...) No país dos mil ríos,
son tamén miles os versos que os interpretan
e os defenden. Conservar a integridade dos nosos ríos,
as nosas paisaxes fluviais e acuáticas, a inmensa
biodiversidade que foron capaces de xerar e albergar,
pasa por recrear as vivencias individuais e colectivas
arredor da auga e os ríos. Os nosos ríos
chegaron até hoxe con toda a súa esencia,
mais están tocados de morte. Ao longo de miles
de anos, axudaron a conformar a psicoloxía
das xentes galegas, determinando boa parte do seu
quefacer diario. Foron factores chave de socialización
e actuaron como elementos trascendentais da cultura
galega. A alianza entre ríos e cultura é
hoxe e no futuro un piar básico para a sobrevivencia
mútua.
Manuel Soto Castiñeira
Xullo de 2005
|
 |
 |
 |
Do 1 ao 3 de setembro celébrase
a XIX edición do Festival da Poesía
no Condado, convocado so o lema da defensa do noso
patrimonio fluvial
Poetas e moito máis
Salvaterra de Miño vira
un ano máis na capital poética de Galiza
Iván Cuevas
ler
em PDF
Os vindeiros 1, 2 e 3 de setembro,
esta vila do sur do país acollerá o
XIX Festival da Poesía no Condado, unha das
nosas citas culturais máis antigas, que desde
1981 vén convocando a Sociedade Cultural e
Desportiva do Condado, cun só parón
entre 1996 e 2001.
Desde o Recital Poético-Musical
á volta do cal se organizan todas as actividades,
que terá lugar o sábado a partir das
oito da tarde, lanzarán as súas verbas
Antón Lopo, Mário Herrero, María
Comesaña, Emma Couceiro, Alfonso Pexegueiro,
Bernardino Graña, María do Carmo Kruckenberg,
Luz Pozo e José Viale Moutinho. Como poetas
convidados achegaranse até Salvaterra os vascos
José Luis Otamendi e Íñigo Arambarri
e a catalá Maria Cabrera, e o presentador do
recital será Quico Cadaval.
Enlazada coas súas palabras
sonará a música: o folc de Os Carunchos,
A Quenlla e Miro Casabella, a pachanga de A Matraca
Perversa e a caboverdiana Nancy Vieira.
Mais non todo é poesía
no Festival. Aliás, caracterízase por
unir ao recital dos mellores poetas do noso país
un espírito de combate que sirva de altofalante
ás principais reivindicacións da sociedade.
Nesta ocasión a quenda é para a defensa
do patrimonio fluvial, e a cultura convócase
so o lema de “Salvemos os ríos”
e directamente de fronte contra a sobreexplotación
e os encoros. Deste xeito, convócase para a
mañá do sábado unha mostra de
material ambientalista sobre os ríos, no que
se espera a presenza de ducias de colectivos de todo
o país. Tamén haberá o sábado
á unha e cuarto dúas palestras sobre
o tema, con Daniel Vispo, de Adega, e Xavier Simón,
da Plataforma em Defensa do Minho.
O Festival da Poesía, porén,
comeza ben antes. O xoves 1 de setembro, ás
dez da noite, terá lugar a terceira Jornada
do Audiovisual Galego.
Este ano farase unha panorámica
pola produción cinematográfica de Galiza,
desde o mais antigo (‘Galicia’ de Carlos
Velo, ‘O monte é noso’ de Llorenç
Soler e ‘Mamasunción’ de Chano
Piñeiro) até o mais actual (‘CCCV’
(Cine Clube Carlos Varela) de Ramiro Ledo Cordeiro,
que se estreará oficialmente alí). Tamén
se proxectarán as curtametraxes premiadas no
Festival de Cans: ‘Minotauromaquia’, ‘Pablo
no Labirinto’, de Juan Pablo Etcheverry, ‘Corten’
e ‘Intensidade’, de Mario Iglesias e ‘Onde
non o esperas’, de Diego Méndez.
O mesmo xoves abrirán tamén
as distintas exposicións que se desenvolverán
na Casa do Conde e as Covas de Dona Urraca. Nelas,
poderase admirar a pintura de Augusto Fontám
e do Grupo de Artistas Luso-Galegos e a escultura
en madeira de Serra, alén de diversas fotografías
sobre o Miño (de Afonso G. Sestelo), a Ulloa
e a resistencia contra os encoros (mostras colectivas).
O 2 de setembro celébrase
a Noite do Brasil, dentro do espazo que o Festival
reserva cada ano a un país lusófono.
No espectacular contorno das Covas de Dona Urraca,
poderase contemplar a actuación do Trío
Pagu e Alex Liberallis, no entanto se consume feixoada,
viño ou caipirinha.
Outro espazo do Festival é
o dedicado aos máis pequenos. O sábado,
a partir das cinco da tarde, os pícaros poden
desfrutar no parque da Canuda da Festa Infantil, con
Narigudos, de Tanxarina Títeres, os contos
de Paula Carballeira e as exhibicións de aeromodelismo,
ultralixeiros e piragüismo. Ademais, o “comboio
de baixa velocidade” percorrerá Salvaterra
e Monção.
E nen aí remata o Festival
da Poesia. Continúa, con outras actividades
como as mostras de artesanía ao vivo ou o “passa
corredoiras” d’Os seis do Condado, argallando
todo un extenso e coidado programa que xa vai tempo
que o estabelece como unha das mellores convocatorias
culturais do país.
ler
em PDF
|

Voltar
a Início
Voltar
a Principal |
|