Sociedade Cultural e Desportiva do Condado
Estaçom e ano Verao 2008
|
Correio Electrónico E-mail
|
Voltar à página principal Principal
30 anos em galego
SCD CONDADO
:: Quem somos
:: XXII Festival
:: História
:: Arquivo Gráfico
:: Livros editados
:: Notícias
:: Contacto
:: Textos
Noticia publicada no Canal Verde do portal Vieiros
UNIÓN FENOSA E A EDP RECUPERAN O PROXECTO DE SELA
Tres encoros máis para o río Miño

Unión Fenosa e a EDP portuguesa retomaron o proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do tramo fronteirizo do río Miño. Agora, en lugar de facer un grande encoro, as dúas eléctricas pretenden construír tres encoros menores que degradarían o último treito do Miño, aínda sen encoros e proposto para a Rede Natura 2000. A Asociacion para a Defensa da Natureza do Condado (ADENCO) xa expresou a súa oposición a este proxecto.

Os tres encoros situaríanse nun tramo de 20 km entre a presa de Frieira e Sela, terían 13 metros de altura e inundarían 208 hectáreas. Afectarían negativamente a un tramo do río Miño incluído dentro do Lugar de Interese Comunitario (zona proposta para a Rede Natura 2000) Baixo Miño.

Segundo informou o xornal Público na súa edición do 12 de febreiro, "as novas barragens, que terão duas centrais do lado galego (em Crescente e As Neves) e uma em Melgaço, são designadas como "saltos escalonados" e terão menor altura, menor potência e uma menor área de albufeira" có encoro de Sela.

ADENCO, asociación integrada na Federación Ecoloxista Galega (FEG), sinala que "a construción destes encoros suporía afectar ás poboacións de especies tais como a lamprea e o salmón, ás plantacións de viño alvariño e ao turismo ligado á zona. ADENCO opúxose no seu día á construción do encoro de Sela, en Arbo, que se desbotou definitivamente en 1998 ante a presión social exercida nas dúas marxes do río". Para ADENCO, "estes novos proxectos, que promoven as empresas eléctricas Unión Fenosa e a portuguesa EDP, volven sacar á luz as verdadeiras intencións destas empresas: esquilmar os recursos naturais dos que aínda dispomos sen ter en conta a necesidade real dos mesmos, sen ter en conta o impacto ambiental que se causaría e pensando exclusivamente nos seus intereses económicos". ADENCO critica "o escurantismo das negociacións entre os dous países, así como a absoluta falla de información por parte do goberno español.

No lado portugués, os "autarcas" de Melgaço e Monçao xa manifestaron o seu total rexeitamento a estes proxectos, do mesmo xeito que o fixo a Rexión de Turismo do Alto Minho". "Vai ser instituído um grupo de trabalho no âmbito do Convénio Luso-Espanhol, que terá a incumbência de fazer a apreciação e o encaminhamento do ponto de vista da avaliação. Todas as fases são necessárias para ponderar em termos finais se é de concretizar o projecto ou se ele é incompatível com os interesses bio-físicos, sociais e económicos existentes", declarou Orlando Borges, presidente do Instituto da Água de Portugal.
 

Voltar a Notícias

Voltar a Principal

XXII Festival da Poesia no Condado



 SCD CONDADO - 2008