Xosé Anxo Brandariz é profesor de Dereito Penal Foto: PEPE ÁLVEZ

Notícia do jornal El Progreso y su Provincia, 18-VII-02

REDACCIÓN. ISABEL CHOUSA

Xosé Anxo Brandariz García é profesor titular de Dereito Penal da facultade de Dereito da universidade da Coruña. Onte, no local da asociación Alto Minho, pronunciou unha conferencia sobre a nova Lei de Partidos que foi aprobada recentemente.

¿Que consideración lle merece a nova Lei de Partidos?

—Eu non considero que se trate dunha verdadeira lei de partidos. Só recolle catro xeralidades sobre principios democráticos de funcionamento dos partidos. Vai moi por detrás da lei doutros partidos e no nivel no que estaba a lei en España no momento da saída do franquismo.

¿Cales son, na súa opinión, as súas carencias e os seus excesos?

—O contido da lei é insuficiente porque está pensada unicamente para ilegalizar Batasuna. Plantexa uns requisitos para esa ilegalización que son cuestionables dende a perspectiva das garantías do Estado democrático de dereito.

¿Cal cre que será o futuro desa lei?

—Hoxe en día o importante é definir cáles son os principios democráticos de funcionamento dun partido político. O partido ten que permitir a participación dos seus afiliados e a interrelación coa sociedade civil que non está organizada en partidos. A lei debe evita-la instrumentalización persoalista do poder político por parte dos dirixentes dos partidos. A lei non regula nada en relación con toda esta problemática. Como foi unha lei creada para ilegalizar Batasuna, unha vez acadado ese obxectivo, o máis probable é que se convirta en papel mollado.


18/07/2002

quem somos   |  actividades  |  local social  |  revista  |  material    |  arquivo  | ligações